Consulta o En Movemento nº1

Tes nas túas mans o primeiro número do voceiro do Movemento Arredista. Con esta ferramenta queremos intervir no noso pobo e a base social do soberanismo galego, co obxectivo de ofrecer unha análise da realidade desde posicións desacomplexadas.

Data: xullo de 2021

Editoral

Tes nas túas mans o primeiro número do voceiro do Movemento Arredista. Con esta ferramenta queremos intervir no noso pobo e particularmente entre a base social do soberanismo galego, co obxectivo de ofrecer unha análise da realidade desde posicións abertamente independentistas, que aposten pola construción do socialismo e asuman consecuentemente o feminismo.

Ademais desta versión impresa, contaremos tamén con unha versión dixital en enmovemento.arredista.gal, que se actualizará con máis periodicidade. Tanto alí como aquí queremos recoller tanto análises de coxuntura como artigos de opinión, entrevistas… que nos permitan entender a sociedade na que vivemos e construir mellores ferramentas para transformala.

A nosa é unha organización nova, que ocupa un espazo político que considearmos máis necesario que nunca e que xa conta unha traxectoria e unha bagaxe que, humildemente, reivindicamos. 

Estamos convencidas de que non é tempo de dar pasos atrás nin de renuncias, e que o que realmente nos esixen o pragmatismo ou o realismo que tantas veces se invoca na política é sermos radicais, para poder cuestionar de raiz unha realidade cada vez máis opresiva. Poucas cousas hai máis utópicas que pretender reformar o irreformábel, ou pretender que problemas estruturais e sistémicos poden solucionarse con respostas superficiais.

En tempos de desmobilización e promoción do individualismo, de inmediatez e de posibilismo, queremos reivindicar a vixencia do compromiso militante, dos procesos de construción colectiva, do debate estratéxico, da organización desde a base e do traballo de longo alento. 

Desde eses principios queremos seguir sumando forzas e ideas en todos os ámbitos, a única garantía de enfrentar con garantías as batallas que virán.

Organicémonos!

Ler online:

Comparte:

As últimas entradas

Reboiras: a isca que prendeu

Artigo de Erea Blanco, Concelleira do BNG en Ourense, membro do Consello Nacional do BNG e militante da Marcha Mundial das Mulleres Pode que haxa quen pense que falar do Moncho Reboiras e do seu legado militante en 2025 está

En marcha pola nosa soberanía

Artigo de Noa Presas e David Soto, membros da Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego Cara á República Galega, obxectivo diario Nun contexto marcado pola corrupción estatal, o rearme reaccionario, o avance do belicismo e a emerxencia feminista, este 25

Conversamos con Lucía Freire e Anxo Noceda

A Confederación Sindical Galega (CIG) é, agora mesmo, a primeira forza no conxunto dos centros de traballo galegos, mais que unha expresión organizativa do soberanismo sexa hexemónica é aínda algo novo. Observar o fenómeno pode axudarnos a continuar mellorando a

Feminismo e construción nacional

Artigo da Comisión Nacional de Feminismo do Movemento Arredista A Marcha Mundial das Mulleres, 25 anos de historia na Galiza A dimensión que hoxe acada o movemento feminista, tamén o galego, era impensábel hai 25 anos, cando nacía a Marcha