Consulta o En Movemento nº2

Este segundo número do noso voceiro nacional sae á rúa nun momento de rápida degradación nas condicións de vida da nosa clase. Este contexto hostil demanda análises adecuadas que avalíen as dimensións e causas desta nova crise, mais sobre todo esixe propostas para superala en favor da maioría social e unha práctica política encamiñada a ese obxectivo.

Data: xullo de 2022

Editoral

Este segundo número do noso voceiro nacional sae á rúa nun momento de rápida degradación nas condicións de vida da nosa clase.

Este contexto hostil demanda análises adecuadas que avalíen as dimensións e causas desta nova crise, mais sobre todo esixe propostas para superala en favor da maioría social e unha práctica política encamiñada a ese obxectivo.

Para iso, contarmos con ferramentas organizativas adecuadas é a tarefa máis urxente que temos por diante, e á que debemos adicar máis esforzos nos próximos meses. Cómpre reverter a tendencia ao individualismo e a desmobilización que arrastramos nos últimos tempos para reagrupar forzas de cara a unha batalla contra os intereses do capital, que está a arreciar a súa ofensiva contra o pobo.

Desde o Movemento Arredista seguimos traballando por construir e reforzar un espazo político que, sempre con vocación unitaria, interveña no movemento popular desde posicións revolucionarias. Chamando ás cousas polo seu nome e sen medo de dicir a verdade: non hai solucións sinxelas aos problemas que enfrontamos, e estas non poderán vir exclusivamente das dinámicas electorais, de estratexias comunicativas ou de liderados máis ou menos brillantes.

As receitas que temos para ofrecer son vellas mais son as únicas que ao longo da historia teñen dado resultados: militancia, solidariedade, compromiso, organización e mobilización son as chaves que até hoxe nos permitiron avanzar e as mesmas que precisamos impulsar para comezar a mudar esta desfavorábel correlación de forzas.

Nesta publicación analizamos diferentes cuestións que, co foco posto tanto no cenario nacional como no internacional, pretenden contribuir ás tarefas de análise, formación e debate que axuden á reorganización e á ofensiva que a nosa clase debe lanzar para comezar non só a recuperar dereitos, mais sobre todo a imaxinar e crear formas de vida libres de toda opresión.

Organicémonos!

Comparte:

As últimas entradas

Reboiras: a isca que prendeu

Artigo de Erea Blanco, Concelleira do BNG en Ourense, membro do Consello Nacional do BNG e militante da Marcha Mundial das Mulleres Pode que haxa quen pense que falar do Moncho Reboiras e do seu legado militante en 2025 está

En marcha pola nosa soberanía

Artigo de Noa Presas e David Soto, membros da Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego Cara á República Galega, obxectivo diario Nun contexto marcado pola corrupción estatal, o rearme reaccionario, o avance do belicismo e a emerxencia feminista, este 25

Conversamos con Lucía Freire e Anxo Noceda

A Confederación Sindical Galega (CIG) é, agora mesmo, a primeira forza no conxunto dos centros de traballo galegos, mais que unha expresión organizativa do soberanismo sexa hexemónica é aínda algo novo. Observar o fenómeno pode axudarnos a continuar mellorando a

Feminismo e construción nacional

Artigo da Comisión Nacional de Feminismo do Movemento Arredista A Marcha Mundial das Mulleres, 25 anos de historia na Galiza A dimensión que hoxe acada o movemento feminista, tamén o galego, era impensábel hai 25 anos, cando nacía a Marcha