Convenio Provincial do Metal en Pontevedra. Traizón sindical e operación de falsa bandeira

A escasas horas dunha folga, as cúpulas de CCOO e UGT negociaron ás costas dos traballadores/as, pasando da folla de ruta marcada polas tres centrais sindicais, non respectando as liñas vermellas e volvendo empeorar as condicións laborais.

A escasas horas dunha folga para acadar unhas condicións minimamente dignas para o sector, as cúpulas de CCOO e UGT negociaron ás costas dos traballadores/as, pasando da folla de ruta marcada polas tres centrais sindicais, non respectando as liñas vermellas e volvendo empeorar as condicións laborais. 

A reforma laboral e da negociación colectiva fomentan que a negociación se produza lonxe dos centros de traballo e tentan impedir a mobilización. CCOO-UGT están cómodos con isto porque non teñen que enfrontarse á clase traballadora nin fan asembleas para que o persoal poida decidir sobre as súas condicións.

Desde 2010, cando coa crise e o peche de empresas a CIG perdeu a maioría da  representación no convenio provincial, estes sindicatos, de acordo coas patronais, dedicáronse a trocar delegados/as nas empresas a cambio de incorporar a reforma laboral ao convenio.

Nestes once anos houbo retrocesos en moitas materias: vacacións, salario, bolsa de traballo… e con este mal convenio empeoran cuestións como o complemento de eventualidade. A CIG non asinou este convenio, nin asinará outros que degraden as condicións, e nunca sen a participación da clase traballadora, que é quen ten que decidir en asembleas o seu futuro.

Non estrañan as prácticas do amarelismo sindical de CCOO-UGT que venden e fan retroceder a nosa clase cada día. Hoxe será na negociación deste convenio, mañá na sinatura dunha regulación de emprego con despedimentos incluídos, e sempre na traizón permanente das mesas de diálogo social que supuran recortes e desmobilización. A CIG debe repensar a estratexia a seguir na unidade de acción cos sindicatos españois na negociación colectiva, os conflitos de empresa ou de sector.

Pese á representatividade formal que a patronal lle regala a CCOO-UGT, o seu desprestixio aumenta, sobre todo nas capas máis concienciadas da clase obreira. Por iso cómpren novas ferramentas para neutralizar a crecente presenza da CIG en todos os sectores. Aquí entra en xogo o papel dalgún sindicalismo alternativo disfrazado ás veces de supostas asembleas espontáneas ou plataformas sen bandeiras (ou máis ben de falsa bandeira) que tentan canalizar a rabia cara á canella sen saída da indignación apolítica (sempre española). Valéndose da frustración que a patronal e o amarelismo crearon, espallando o “todos son iguais” desde a prensa amiga, non teñen máis obxectivo que impedir a inevitábel hexemonía –antes ou despois- do sindicalismo nacionalista de clase. Que perdan toda esperanza de conseguilo. LUME!

Comparte:

As últimas entradas

Reboiras: a isca que prendeu

Artigo de Erea Blanco, Concelleira do BNG en Ourense, membro do Consello Nacional do BNG e militante da Marcha Mundial das Mulleres Pode que haxa quen pense que falar do Moncho Reboiras e do seu legado militante en 2025 está

En marcha pola nosa soberanía

Artigo de Noa Presas e David Soto, membros da Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego Cara á República Galega, obxectivo diario Nun contexto marcado pola corrupción estatal, o rearme reaccionario, o avance do belicismo e a emerxencia feminista, este 25

Conversamos con Lucía Freire e Anxo Noceda

A Confederación Sindical Galega (CIG) é, agora mesmo, a primeira forza no conxunto dos centros de traballo galegos, mais que unha expresión organizativa do soberanismo sexa hexemónica é aínda algo novo. Observar o fenómeno pode axudarnos a continuar mellorando a

Feminismo e construción nacional

Artigo da Comisión Nacional de Feminismo do Movemento Arredista A Marcha Mundial das Mulleres, 25 anos de historia na Galiza A dimensión que hoxe acada o movemento feminista, tamén o galego, era impensábel hai 25 anos, cando nacía a Marcha